• Inicio
  • Asociacións e sindicatos

Asociacións e sindicatos

Asociacións empresariais

Lesworking

LesWorking

LesWorking (LW) é a 1ª rede profesional internacional para mulleres lesbianas e bisexuais.

Fonte

REDI - Red Empresarial por la Diversidad e Inclusión social

REDI é o primeiro ecosistema de empresas e profesionais en España que traballa para fomentar ambientes laborais seguros e respectuosos con todas as persoas, independentemente da súa identidade, características sexuais, expresión de xénero ou orientación sexual.

Fonte

Sindicatos con perspectiva LGBTIQ+

logo ccoo

Comisións Obreiras (CCCOO)

O sindicato Comisións Obreiras (CCOO) traballa a cuestión da diversidade LGBTIQ+ a nivel nacional desde a súa área de "Muller, igualdade e condicións laborais", elaborando informes e guías de utilidade para o tratamento da diversidade no ambiente laboral.

Fonte

Confederación Intersindical Galega (CIG)

A Comisión Intersindical Galega (CIG) traballa a cuestión da diversidade LGBTIQ+ desde a súa área de Muller, intervindo en casos de discriminación LGBTIfóbica no ambiente laboral en colaboración co asociacionismo LGBTIQ+.

Fonte
UGT

Unión Xeral dos Traballadores (UGT)

A Unión Xeral dos Traballadores de Galicia (UGT Galicia) desenvolve traballo específico no eido LGBTIQ+ a nivel nacional, desenvolvendo documentación específica de utilidade.

Fonte

En Galicia existe un rico tecido asociativo de entidades que traballan na defensa das persoas LGBTIQ+. Nesta ligazón podes consultar o listado de entidades en activo, coñecer cales están presentes na túa provincia, e saber se ofrecen servizos específicos no eido laboral.