Estratexia da EU para a igualdade das personas LGBTIQ 2020-2025
Para combater a discriminación, garantir a seguridade, protexer os dereitos das familias e o apoio para alcanzar a igualdade LGBTIQ en todo o mundo.
Convenio Europeo dos Dereitos Humanos (2021)
Documento no que o Consello de Europa e a Corte Europea de Dereitos Humanos recollen a súa interpretación máis actualizada da Carta Universal dos Dereitos Humanos.
Directiva 2006/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006
Directiva relativa á aplicación do principio de igualdade de oportunidades e igualdade de trato entre homes e mulleres en asuntos de emprego e ocupación (refundición).
Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea (2000)
Artigo 21, recolle que “se prohibe toda discriminación, e en particular a exercida por razón de sexo... ou orientación sexual”.
Directiva 2000/78/CE do Consello do 27 de novembro de 2000
Esta Directiva de igualdade de trato no emprego prohibe a discriminación por orientación sexual no acceso e nas condicións de emprego e autoemprego, na formación profesional, así como na orientación e participación en organizacións de persoas traballadoras e empresarias.