Normativa nacional

Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego

Establece o marco de ordenación das políticas públicas de emprego e regula o conxunto de estruturas, recursos, servizos e programas que integran o Sistema Nacional de Emprego.
No artigo 50.1 se recollen os colectivos vulnerables de atención prioritaria.

“Consideraranse colectivos vulnerables de atención prioritaria, para os efectos desta lei, ás persoas mozas especialmente con baixa cualificación, persoas en desemprego de longa duración, persoas con discapacidade, persoas con capacidade intelectual límite, persoas con trastornos do espectro autista, persoas LGTBI, en particular trans, persoas maiores de corenta e cinco anos, persoas migrantes, persoas beneficiarias de protección internacional e solicitantes de protección internacional nos termos establecidos na normativa específica aplicable, persoas vítimas de trata de seres humanos, mulleres con baixa cualificación, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas en situación de exclusión social, persoas xitanas, ou pertencentes a outros grupos poboacionais étnicos ou relixiosos, persoas traballadoras provenientes de sectores en reestruturación, persoas afectadas por drogodependencias e outras adiccións, persoas vítimas do terrorismo, así como persoas cuxa garda e tutela sexa ou fose asumida polas Administracións públicas, persoas descendentes en primeiro grao das mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas adultas con menores de dezaseis anos ou maiores dependentes a cargo, especialmente se constitúen familias monomarentais e monoparentais, entre outros colectivos de especial vulnerabilidade, que son de atención prioritaria nas políticas activas de emprego, ou outros que se poidan determinar no marco do Sistema Nacional de Emprego. Así mesmo, os programas específicos e as medidas de acción positiva reforzaranse nos supostos en que se produzan situacións de interseccionalidade.”

Lei 4/2023 , de 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI

Este documento legal, centrado na consecución da igualdade real e efectiva das persoas trans e na garantía de dereitos das persoas LGTBI, contempla no seu artigo 15 a abordaxe da igualdade e a non discriminación LGTBI nas empresas.

1. As empresas de máis de cincuenta persoas traballadoras deberán contar, no prazo de doce meses a partir da entrada en vigor da presente lei, cun conxunto planificado de medidas e recursos para alcanzar a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI, que inclúa un protocolo de actuación para a atención do acoso ou a violencia contra as persoas LGTBI. Para iso, as medidas serán pactadas a través da negociación colectiva e acordadas coa representación legal das persoas traballadoras. O contido e alcance desas medidas desenvolveranse regulamentariamente.

2. A través do Consello de Participación das persoas LGTBI recompilaranse e difundirán as boas prácticas realizadas polas empresas en materia de inclusión de colectivos LGBTI e de promoción e garantía de igualdade e non discriminación por razón das causas contidas nesta lei.

Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público

Texto refundido no que se integran, debidamente regularizadas, aclaradas e harmonizadas a Lei 7/2007, do 12 de abril, no Estatuto Básico do Empregado Público, e as disposicións en materia de réxime xurídico no emprego público contidas en normas non rango de lei que a modificaran, xunto con aquelas que, afectando ao seu ámbito material, poidan promulgarse antes da aprobación polo Consello de Ministros dos textos refundidos que procedan.

– Art. 14.h) e i): “Os empregados públicos teñen os seguintes dereitos de carácter individual en correspondencia coa natureza xurídica da súa relación de servizo: h) Ao respecto da súa intimidade, orientación e identidade sexual, expresión de xénero, características sexuais, propia imaxe e dignidade no traballo, especialmente fronte ao acoso sexual e por razón de sexo, de orientación e identidade sexual, expresión de xénero ou características sexuais, moral e laboral”. E i) «Á non discriminación por razón de nacemento, orixe racial ou étnica, xénero, sexo ou orientación e identidade sexual, expresión de xénero, características sexuais, relixión ou conviccións, opinión, discapacidade, idade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”.

– Art. 53.4: “A súa conduta basearase no respecto dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, evitando toda actuación que poida producir discriminación algunha por razón de nacemento, orixe racial ou étnica, xénero, sexo, orientación e identidade sexual, expresión de xénero, características sexuais, relixión ou conviccións, opinión, discapacidade, idade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”.

– Art.95.2.b): Son faltas moi graves: “Toda actuación que supoña discriminación por razón de orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade, orientación sexual, identidade sexual, características sexuais, lingua, opinión, lugar de nacemento ou veciñanza, sexo ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, así como o acoso por razón de sexo, orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade, orientación sexual, expresión de xénero, características sexuais, e o acoso moral e sexual”.

Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores

Recolle os dereitos das persoas traballadoras a non ser discriminadas, ao respecto da intimidade e a non sufrir acoso, nos artigos 4.2.c), 4.2.e), 17.1 e 54.2.g). 

– Art.4.2c, e: “A non ser discriminadas directa ou indirectamente para o emprego ou, unha vez empregados, por razóns de estado civil, idade dentro dos límites marcados por esta lei, orixe racial ou étnica, condición social, relixión ou conviccións, ideas políticas, orientación sexual, identidade sexual, expresión de xénero, características sexuais, afiliación ou non a un sindicato, por razón de lingua dentro do Estado español, discapacidade, así como por razón de sexo, incluído o trato desfavorable dispensado a mulleres ou homes polo exercicio dos dereitos de conciliación ou corresponsabilidade da vida familiar e laboral”
– Art. 4.2.e:“ “Ao respecto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade, comprendida a protección fronte ao acoso por razón de orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual, e fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo.”
– Art. 17.1: ““1. Entenderanse nulos e sen efecto os preceptos regulamentarios, as cláusulas dos convenios colectivos, os pactos individuais e as decisións unilaterais do empresario que dean lugar no emprego, así como en materia de retribucións, xornada e demais condicións de traballo, a situacións de discriminación directa ou indirecta desfavorables por razón de idade ou discapacidade ou a situacións de discriminación directa ou indirecta por razón de sexo, orixe, incluído o racial ou étnico, estado civil, condición social, relixión ou conviccións, ideas políticas, orientación e identidade sexual, expresión de xénero, características sexuais, adhesión ou non a sindicatos e aos seus acordos, vínculos de parentesco con persoas pertencentes a ou relacionadas coa empresa e lingua dentro do Estado español.”
– Art.54.2.g: ““Consideraranse incumprimentos contractuais: g) O acoso por razón de orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual e o acoso sexual ou por razón de sexo ao empresario ou ás persoas que traballan na empresa.”

Lei 20/2007, do 11 de xullo, de Estatuto do traballo autónomo

Texto legal que regula o traballo por conta propia. Fai referencia aos dereitos individuais das persoas traballadoras autónomas, entre os que está a non discriminación, no artigo 4.3.a).

No exercicio da súa actividade profesional, os traballadores autónomos teñen os seguintes dereitos individuais: a) Á igualdade ante a lei e a non ser discriminados, directa ou indirectamente, por razón de nacemento, orixe racial ou étnica, sexo, estado civil, relixión, conviccións, discapacidade, idade, orientación e identidade sexual, expresión de xénero, características sexuais, uso dalgunha das linguas oficiais dentro de España ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.”

Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal

Art. 314. Quen produza unha grave discriminación no emprego, público ou privado, contra algunha persoa por razón da súa (…) orientación ou identidade sexual ou de xénero (…) e non restablezan a situación de igualdade ante a lei tras requirimento ou sanción administrativa, reparando os danos económicos derivados, serán castigados coa pena de prisión de seis meses a dous anos ou multa de doce a vinte catro meses.

Fonte

Constitución española (1978)

O texto constitucional define, no seu artigo 14: que todas as persoas “son iguais ante a lei”. O artigo 9.2 indica que: “corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivos”.

Fonte

Outras normativas nacionais de interese

Instrución do 26 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, sobre a rectificación rexistral da mención relativa ao sexo regulada na Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI (2023)

Fonte

Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual (2022)

Fonte

Lei 15/2022, do 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación (2022)

Fonte

Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdicción social (2011)

Fonte

Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social (2000)

Fonte

Código Laboral e da Seguridade Social

Fonte

Código Civil

Fonte