APODÉRA-T Programa de apoderamento e acompañamento sociolaboral de mulleres trans
Este programa da asociación Arelas busca axudar a mulleres trans en Galicia na procura da mellora das condicións de vida presente e futura. Profesionais de distintas disciplinas (legal-social-saúde emocional-sexoloxía) e con experiencia no traballo con persoas trans, axudarán a superar os teitos de ferro con información, formación, asesoramento e acompañamento persoal.
IMPÚLSA-T Programa de apoderamento e inserción sociolaboral de xóvenes trans de Galicia
Este programa da asociación Arelas busca axudar a xuventude trans de entre 14 e 25 anos na procura da mellora das condicións de vida presente e futura. Profesionais de distintas disciplinas (legal-social-saúde emocional-sexoloxía) e con experiencia no traballo con persoas trans, axudarán a superar os teitos de ferro con información, formación, asesoramento e acompañamento persoal.
Yes we trans
Programa da FELGTBIQ+ dirixido á inserción laboral das persoas trans e de acompañamento a empresas para que logren unha incorporación do talento trans exitosa.