- Inicio
- Presentación
Diversidade sexual e de xénero no ámbito laboral
No seu compromiso pola igualdade de oportunidades e a non discriminación por razón de orientación sexual, expresión e identidade de xénero, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración presenta esta web/sección como continente da información sobre materias, en relación coa diversidade sexual, familiar e de identidade de xénero no ámbito laboral, competencia da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e que ten por finalidade facilitar ás empresas a desenvolver medidas de promoción da diversidade e igualdade do colectivo LGBTIQ+.