Formación

A difusión de información é un aspecto crucial para alcanzar unha sociedade máis xusta e inclusiva. Por este motivo, este portal comprométese a promover activamente a capacitación nesta área, empregando diversas estratexias de difusión, tanto a nivel autonómico como nacional, para chegar a un maior público obxectivo as principais novas sobre diversidade sexual no traballo.

Cursos formativos

Obxectivos do campus en liña

Sensibilizar

Acercar á sociedade á igualdade laboral a través de conceptos e teorías, co fin de fomentar a reflexión e un cambio de actitudes e valores que promovan o fin das desigualdades laborais entre mulleres e homes.

Integrar

Incorporar a igualdade laboral en todos os ámbitos da sociedade, facilitando a profesionais de diferentes ámbitos unha formación para incorporar a diversidade e a non discriminación na súa práctica profesional; de tal xeito que se impulse un tecido empresarial máis responsable e un emprego de calidade.

Facilitar

Ofrecer o material preciso para que as persoas participantes poidan desenvolver os coñecementos necesarios sobre a materia de maneira non presencial, optimizando a educación, en canto a tempo e organización, e poidan obter coñecementos básicos que lles permitan aplicar o principio de igualdade no seu exercicio profesional.