Resumo da resolución
As escolas e os institutos deberan ser centros de ensino seguros e nos que a rapazada perciba que a orientación e identidades sexuais, sexan cales sexan, deben ser respectadas. Porén, isto non sempre acontece. Nesta sentenza, o tribunal analiza o despedimento dun profesor que non realizaba o seu labor dun xeito respectuoso cos dereitos das persoas menores de idade e profería
todo tipo de manifestacións homófobas, tránsfobas, misóxinas e de odio.
Resolverá o TSX de Andalucía que o despedimento disciplinario foi totalmente procedente, sen indefensión para o o profesor.
Feitos
Un profesor de secundaria, que impartía a aula de Lingua e Literatura inglesas, a raíz da lectura da obra “Orgullo e prexuízo”, realizou unha serie de comentarios atentatorios contra o corpo e a independencia das mulleres:
- “Cuando una mujer se pelea, quiere decir que quiere tener relaciones sexuales, su psicología no está conectada a su cuerpo a diferencia del hombre”.
- “Si una mujer se queda embarazada, es su problema ya que no habrá puesto el maldito condón”.
- “El chico debería dar el primer paso; cuando un chico y una chica están a solas, ese tiene que demostrar su amor “besando a la chica con lengua”, algunas veces, el chico puede ser demasiado tímido para hacerlo, así que, algún día, en una fiesta, cuando la chica está borracha, el chico no podrá resistirse, ya que tiene unos sentimientos muy apasionados hacia la chica, y se aprovechará de ella”.
Tamén realizou comentarios discriminatorios cara o colectivo LGTBI, con expresións como:
- “La homosexualidad no debería enseñarse a una edad temprana ya que cabe la posibilidad de que los niños quieran ser niñas, y viceversa, se confundirían, las personas transgénero están confusas”.
- “Las mujeres quieren ser como hombres y trabajar en campos que previamente han sido dominados por los hombres; las mujeres han perdido la esencia de ser una mujer”.
Como consecuencia destes comentarios, nais e pais manifestaron a súa oposición frontal aos xeitos e ensinanzas deste docente. Moitos decidiron presentar queixas á escola e o alumnado deixou de concorrer ás aulas. Porén, algúns pais aínda defendían ao profesor, trasladando o conflito tamén entre o alumnado.
Como consecuencia das queixas recibidas e atendendo ao código de conduta da escola, procedeuse ao despedimento do profesor, por vía disciplinaria.
O profesor impugnou este despedimento. Solicitaba ou ben a nulidade, ou ben a improcedencia. O xulgado que atendeu á primeira instancia, en troques, considerou o despedimento como procedente, polo que o docente decidiu recorrer a resolución diante do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía.
Decisión do Tribunal
O recorrente alega que a sentenza incorreu nunha infracción de normas ao interpretar a carta de despedimento. Incide que a súa carta era manifestamente insuficiente, mais tribunal andaluz rexeita de plano esta argumentación, xa que, tan só “a simple lectura” da demanda (en propias palabras do órgano) amosa claramente que o traballador era coñecedor das condutas que se lle imputaban, polo que non sufriu ningún tipo de indefensión.
Deste xeito, o tribunal desestima o recurso e resolve en contra do traballador, confirmando a sentenza de instancia que cualificou o despedimento como procedente.