Recentemente a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicou o
estudo pioneiro A diversidade na contorna laboral: estudo sobre a situación laboral das persoas LGTBI en Galicia.
Este primeiro estudo exploratorio naceu co fin de ser unha aproximación á realidade laboral das persoas LGTBI que viven en Galicia e con el cúmprese o
art.12.3. da Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.
A continuación, desagregamos un resumo do estudo exploratorio sobre a situación laboral das persoas LGTBI en Galicia.
Estrutura e metodoloxía do estudo
O estudo A diversidade na contorna laboral: estudo sobre a situación laboral das persoas
LGTBI en Galicia comeza cunha introdución sobre a importancia da diversidade na empresa, unha
análise lexislativa sobre as principais normas en torno ao colectivo LGTBI e a situación social actual.
A continuación, explícase a metodoloxía participativa que se seguiu co fin de recoller os intereses das distintas partes implicadas.
Como terceiro e cuarto punto da estrutura diferéncianse as áreas de: as persoas LGTBI e o mercado de traballo
(cunha aproximación cualitativa e cuantitativa) e a perspectiva das empresas (tanto a perspectiva sobre a situación do colectivo
con respecto á situación laboral, como a necesidade de acción e medidas de mellora). O estudo continúa con dous apartados de
conclusións e propostas concretas de actuación.
Os axentes involucrados foron:
- Representantes de asociacións que traballan na defensa dos dereitos das persoas LGTBI.
- Os sindicatos máis representativos.
- Representantes de asociacións empresariais.
Nos tres casos centráronse en entidades de Galicia. A análise está focalizado na investigación das contornas
laborais das persoas do colectivo LGTBI, principalmente en espazos de traballo privado, pero tamén se ha incluído
ao sector público e ao emprendemento. Ademais, contemplouse que as persoas estivesen en situación de desemprego.

O proceso metodolóxico seguido foi a través da revisión bibliográfica, entrevistas grupais, análise
cuantitativa a modo de dúas enquisas diferenciadas por públicos e estudos de caso. Ademais, consultouse
á Dirección Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia.
Conclusións do estudo
Tras a análise da información recompilada conclúese que hai dous momentos críticos nos que
as persoas do colectivo LGTBI poden ser máis vulnerables polas situacións de discriminación e LGTBIfobia.
Os momentos máis complicados son os seguintes:
- Procesos de acceso ao emprego e selección do persoal na empresa.
“As asociacións LGTBI e os sindicatos que participaron no estudo insisten na necesidade de derrubar
a barreira que supón a invisibilización do colectivo. Así, un 53 % das persoas participantes omitiu
datos persoais no seu CV, o 61 % ocultou a súa orientación sexual/identidade de xénero na entrevista de
traballo e o 47 % cambiou a súa forma de comportarse e/o vestir na entrevista de traballo“ tal e como indica
o estudo na súa área de conclusións. - Unha vez dentro das entidades, o clima laboral que hai nas organizacións
é outro dos puntos para ter en conta como aspectos de maior vulnerabilidade. O clima laboral
ou organizacional pódese definir como o medio, físico e humano, no que transcorre a actividade
laboral, isto inclúe a forma de relacionarse das persoas traballadoras e a satisfacción das mesmas.
O estudo exploratorio indica que “para lograr a inclusión real do colectivo nas contornas laborais,
é necesario repensar a cultura organizacional e adaptala ás realidades diversas”.

Ademais, o traballo demostra a necesidade de profundar máis na interseccionalidade e
en que non todas as persoas do colectivo sofren o mesmo tipo de opresión nin na mesma medida.
Medidas encamiñadas na mellora do colectivo no ámbito laboral
As medidas de actuación que se expoñen no estudo exploratorio A diversidade na contorna laboral:
estudo sobre a situación laboral das persoas LGTBI en Galicia desagréganse nas seguintes áreas de actuación:
- Medidas de comunicación e sensibilización nas empresas e entidades contratantes.
- Medidas de formación para os diferentes axentes do mercado laboral.
- Medidas específicas e concretas para as empresas e as administracións públicas: ferramentas
propias como unha canle de denuncias, convenios e guías.
Entre estas medidas expostas para reverter os aspectos críticos da discriminación do colectivo LGTBI atópase
realizar campaña de sensibilización nas empresas sobre a diversidade, centrándose en datas relevantes do calendario.
Ademais, fíxase como obxectivo, para toda a cidadanía, a creación dunha web para divulgar recursos e unha campaña
de sensibilización sobre referentes LGTBI no mundo laboral.
Tamén, se inclúen programas formativos específicos sobre a xestión da diversidade en todos os momentos da relación laboral,
á vez que se expoñen contidos de xestión da diversidade na formación para o emprego da Xunta.
O estudo conclúe cunha área de anexo no que se recolle un glosario de termos elaborado en base ás recomendacións
de varios documentos das seguintes entidades: Rainbow Project e Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.