Informes
Análise, datos e recomendacións para o recoñecemento da diversidade en Galicia. Foro de Identidades e Disidencias Sexuais (2023)
Informe realizado pola Comisión Técnica de Coordinación do Foro Identidades e Disidencias Sexuais dentro dun proxecto impulsado e financiado polo Consello da Cultura Galega coa finalidade de cartografiar a realidade, a situación e as necesidades das persoas LGBT+ galegas.
Igualdade e diversidade nos convenios colectivos (2022)
Documento elaborado pola Secretaría de Mulleres, Igualdade e Condicións de Traballo de CCOO co obxectivo de aportar información e estratexias para erradicar a LGBTIfobia no ámbito laboral, particularmente no referido aos convenios colectivos, e defender o respecto á diversidade como un elemento imprescindible nas condicións de traballo e vida de todas as persoas.
Posición da CES sobre a Estratexia da UE para a igualdade LGBTIQ (2021)
Documento no que a Confederación Europea de Sindicatos (CES - ETUC) avalía a Estratexia Europea para a Igualdade LGBTIQ e manifesta o seu posicionamento.
Documento de información sobre a protección contra a discriminación baseada na orientación sexual, a identidade de xénero, a expresión de xénero e as características sexualis (2019)
Neste documento preséntanse e examínanse as lexislacións e as prácticas dos Estados Membros da OIT en materia de discriminación no emprego e a ocupación baseada na orientación sexual, a identidade de xénero, a expresión de xénero e as características sexuais (SOGIESC).
A discriminación no traballo por motivos de orientación sexual e identidade de xénero: Resultados do proxecto PRIDE da OIT (2015)
Documento no que se presentan os resultados dun estudo sobre a discriminación contra as persoas LGBT no ámbito laboral ao redor do mundo e no que se poñen de manifesto boas prácticas que promoven unha integración significativa.
Informe sobre a folla de ruta da UE contra a homofobia e a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero (2013)
Informe a través do que o Parlamento Europeo considera que, na actualidade, a UE carece dunha política global de protección dos dereitos fundamentais das persoas LGBTI e, recoñecendo a súa responsabilidade ao respecto, solicita á Comisión Europea, aos Estados membros e ás axencias pertinentes que traballen conxuntamente nunha política global plurianual contra a discriminación que se centren, entre diversos aspectos, no ámbito laboral.
Estudos
Cara centros de traballo inclusivos: discriminación das persoas trans e LGBTI no ámbito laboral en españa en 2023. Retos e solucións (2023)
Maior estudo estatístico realizado sobre as persoas LGBTI no emprego en España. Realizado pola Área Confederal LGTBI da UGT.
A diversidade no contorno laboral: estudo sobre a situación laboral das persoas LGTBI en Galicia (2022)
Este primeiro estudo exploratorio constitúe un achegamento á realidade laboral do colectivo e ofrece unha serie de resultados que poden contribuír ao deseño e impulso de medidas que favorezan unha inclusión efectiva nos contornos de traballo, cumplindo así co artigo 12.3 da Lei 2/2014.
Enquisa global de empresas do programa EMIDIS (2022)
Este informe ten como finalidade compartir a análise realizada por FELGTBI+ para coñecer a realidade e alcance do Programa Empresas por la Diversidad (EMIDIS), aproveitando a situación actual e o nivel de avance das empresas e a relación coas actividades que FELGTBI+ realiza e vencellando diferentes inputs de información, para ofrecer unha perspectiva xeral e o nivel de madurez das organizacións en relación coas políticas de diversidade e outras iniciativas para a inclusión das personas LGTBI.
Transformar as empresas mediante a diversidade e a inclusión (2022)
Este informe presenta as conclusións dun dos estudos máis completos da OIT sobre igualdade, diversidade e inclusión, realizado pola OIT durante un período marcado por grandes perturbacións, xa que o impacto da pandemia da COVID-19 se fixo sentir en todo o mundo.
Mulleres LBT: fogares, familias e mercado de traballo (2021)
Investigación da FELGTB sobre a situación actual das mulleres lesbianas, bisexuais e trans en relación aos recursos económicos dos seus fogares, familia, mercado de traballo e problemáticas relacionadas coa filiación das súas crianzas.
Situación das mulleres lesbianas, bisexuais e trans no sector privado (2020)
Informe realizado pola FELGTB no que se analiza a través dunha mostra de 229 respostas (de 239 obtidas) de mulleres LBT algúns elementos clave para entender a posición social que ocupan na actualidade ditas mulleres no sector privado a través de variables de visibilidade, estabilidade económica, anos na empresa ou situación persoal e familiar. Ademáis, inclúe as principais demandas da FELGTB para mellorar a cotidianeidade da realidade das mulleres lesbianas, bisexuais e trans no sector privado.
As persoas LGBT no ámbito do emprego en España: cara a espazos de traballo inclusivos coa orientación sexual e identidade e expresión de xénero (2017)
Documento orientado a realizar un diagnóstico xeral da situación que viven no día a día as persoas LGBT no espazo laboral coa finalidade de, unha vez analizado desde o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, poder deseñar diferentes liñas de actuación encamiñadas a conseguir espazos de traballo inclusivos coa orientación sexual e a identidade e expresión de xénero.
A diversidade LGBT no contexto laboral en España: estudo sobre a situación de inclusión das persoas LGBT no ámbito do traballo (2017)
Estudo levado a cabo por Mpátika (Óscar Muñoz) en colaboración co Grupo de Investigación Antropoloxía, Diversidade e Convivencia da UCM, o apoio técnico de IPSOS e a colaboración de REDI e da FELGTB coa finalidade de que os resultados do mesmo sirvan a diferentes organizacións e institucións para dimensionar as experiencias LGBT+ no ámbito laboral e establecer unhas pautas de actuación axeitadas.
Estudos e guías
Este primeiro estudo exploratorio A diversidade no contorno laboral: situación laboral das persoas LGTBI en Galicia constitúe un achegamento á realidade laboral deste colectivo e ofrece unha serie de resultados que poden contribuír ao deseño e impulso de medidas que favorezan unha inclusión efectiva nos contornos de traballo para cumprir, así, ao artigo 12.3 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.
- PDF - 582 KB
Folletos e material divulgativo
Discriminación por razón de sexo no ámbito laboral
A discriminación por razón de sexo fai referencia ao trato de inferioridade dado a unha persoa ou grupo de persoas por motivos de sexo.
- PDF - 582 KB