• Inicio
  • Medidas e recursos para alcanzar a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI

Medidas e recursos para alcanzar a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI - 27 de novembro de 2025

Trátase dunha xornada formativa, totalmente gratuíta, que busca promover o coñecemento da Lei 4/2023, de 28 de febreiro, que garante a igualdade real e efectiva das persoas trans e os dereitos das persoas LGTBI, así como das obrigacións establecidas no Real Decreto 1026/2024, de 8 de outubro, que desenvolve o conxunto planificado de medidas para a igualdade e a non discriminación nas empresas, achegando contidos teóricos e prácticos que faciliten a colaboración entre os distintos axentes para avanzar cara á igualdade real e efectiva das persoas LGTBI no ámbito laboral.

Docentes

  • Olga Fèlix Bertran, Avogada en Cuatrecasas
  • Marta Herraiz, Codirectora xeral da Rede Empresarial pola Diversidade e Inclusión REDI

Aprende ao teu ritmo

A xornada formativa levarase a cabo a través dunha sesión en liña e que terá lugar o 27 de novembro de 2025 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe esta xornada?

Cal é a estrutura e o desenvolvemento desta xornada formativa?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuarase á seguinte estrutura:

  • 16:30 – 16:40 h → Presentación da xornada
    María Quintiana Pérez, Directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia
  • 16:40 – 17:20 h → Novo marco normativo
    Olga Fèlix Bertran, Abogada en Cuatrecasas
  • 17:20 – 17:35 h → Rolda de consultas
  • 17:35 – 18:15 h → Boas prácticas corporativas
    Marta Herraiz. Codirectora xeral da Rede Empresarial pola Diversidade e Inclusión REDI
  • 18:15 – 18:30 h → Rolda de consultas

Se quere obter o certificado de aproveitamento da xornada, ademais de asistir á xornada en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70% das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición.

Duración

Entre o 27/11/2025 e o 04/12/2025.

A xornada levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 27 de novembro de 2025 de 16:30 a 18:30 horas.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 4 de novembro de 2025 para responder o test de avaliación posto a súa disposición. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Medidas e recursos para alcanzar a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI

Duración

Entre o 27/11/2025 e o 04/12/2025.