O próximo 27 de xuño Zaragoza acollerá a III edición do congreso LGBT@Work

Este mes de xuño a capital aragonesa será unha vez máis o punto de encontro para máis de 100 profesionais que se reúnen co obxectivo de “democratizar as prácticas inclusivas e visibilizar toda a diversidade que enriquece ás empresas con testemuños reais en primeira persoa”. O lema da presente edición será “Sé tu, en cada momento, en cada lugar”.

O evento consolídase acadando a súa terceira edición, que conta cun amplo apoio institucional e patrocinio de grandes empresas. Nesta ocasión a cita será ás 17:00 horas e consistirá nunha serie de micro-relatorios nos que cinco persoas LGBT+ que ocupan cargos directivos en empresas falarán durante 25 minutos cada unha. Nestes relatorios contarán de primeira man as súas experiencias como membros do colectivo no mundo laboral e falarán de cales foron as iniciativas que puxeron en marcha nas súas empresas co fin de garantir a inclusividade e o respecto pola diversidade de orientación sexual e de xénero. O evento dará o peche ás 21:00h da noite.

O congreso zaragozano xorde como unha extensión do celebrado polo Instituto de Empresa Business School anualmente na cidade de Madrid, constatando a viabilidade de descentralizar este tipo de iniciativas que co seu éxito atraen a un grande número de asistentes. Neste senso, a Comunidade Autónoma de Galicia contou no ano 2023 cunha xornada organizada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade titulada “igualdade, diversidade e violencia no traballo: actualidade e futuro”, que tivo lugar o 13 de xuño.

No congreso madrileño, de xeito semellante ao que terá lugar en Zaragoza, profesionais de dentro e fóra do estado español comparten as súas historias persoais sacando facendo ver que a súa realidade como membros do colectivo contribuíu a mellorar o desenvolvemento de servizos, produtos e organizacións.

Mentres que o realizado en Madrid ten un perfil máis internacional, o congreso zaragozano centra o seu foco nas empresas españolas. Na última edición contou con máis de cen asistentes e un grande impacto social e nos medios de comunicación. As entidades impulsoras márcanse como reto neste ano 2024 superar o este éxito para o cal mudan a localización para contar cun maior aforo. Así, o evento terá lugar no auditorio ETIOPIA.

A inscrición é totalmente gratuíta e xa está aberta, pode consultarse máis información no seguinte enderezo web: https://lgbtatworkzaragoza.es/