Conceptos básicos

Fai referencia tanto ás conductas que teñen como obxectivo producir medo, desánimo ou inseguridade en quen o sofre, como aos efectos que esta situación producen nas vítimas. É habitual que por medo de sufrir acoso no traballo as persoas LGBTIQ+ tomen a decisión de manterse no armario no ámbito laboral cos efectos nocivos que isto ten na súa saúde mental.

Situación na que as persoas LGBTIQ+ se atopan antes de facer patente a súa orientación sexual ou identidade de xénero. Cada vez que unha persoa LGBTIQ+ entra nun ambiente novo (posto de traballo, grupo de amigos, etc) atópase novamente no armario, debido á cisheteronorma que leva a asumir que calquera persoa non visibilizada como LGBTIQ+ é cisheterosexual.

Categorización inicial dunha persoa nunha das dúas categorías posibles dentro do binarismo de xénero, home ou muller, normalmente en base á aparencia dos seus xenitais externos. No caso de ter estes unha aparencia non directamente asignable a unha das dúas categorías, estes xenitais son en casos mutilados para facelos parecerse a un pene ou unha vaxina segundo o caso, sen ter sempre en consideración o permiso ou o coñecemento dos proxenitores para realizar a intervención.

Violencia especifica que sofren as persoas bisexuais polo feito de selo, provindo da interacción específica que nelas se dá entre homofobia e monosexismo. A cotío procede tanto de persoas cisheterosexuais como de persoas LGBTIQ+, e mediante a invalidación e invisibilización sistemáticas dificulta a integración deste grupo no colectivo.

Sistema sociocultural no cal, social e politicamente, só son recoñecidos dous xéneros, cada un cos seus roles, aparencias e normas específicas. A cultura occidental é binarista, mais outras non necesariamente.

Sistema social no que só se acepta como forma de vida válida e produtiva a das persoas cisheterosexuais, castigando de forma violenta calquera desvío con respecto a esta forma de vida. Non só actúa sobre a orientación sexual e a identidade de xénero, senón tamén sobre as normas sociais de comportamento e expresión de xénero, a estrutura familiar, os afectos, ou os sistemas médico, educativo e xudicial, entre outros.

Existen unha serie de marcadores externos do xénero en base aos ideais sociais que existen de homes e mulleres que en principio poden ser adoptados por calquera independentemente do seu sexo-xénero. Por exemplo, o cabelo longo, os vestidos ou a maquillaxe son marcadores femininos, e polo tanto unha persoa que use estes elementos, sexa home ou muller, terá unha expresión de xénero feminina.

Sistema de actitudes, valores, nesgos e discriminación que supedita ás persoas heterosexuais sobre as persoas non heterosexuais, colocando ás segundas nunha posición de alteridade.

Normas de conduta e de expresión de xénero que as persoas LGBTIQ+ son presionadas para acadar co fin de ser aceptadas pola sociedade. Esta imposición realizase tanto dende fora como dende dentro do colectivo, especialmente por parte dos membros brancos e de clase acomodada.

Relación dunha persoa co seu xénero. Se se trata do mesmo que lle foi asignado a súa identidade de xénero é cis, e se non coincide, é trans. Este tampouco debe entenderse como un binarismo estrito, xa que a relación da persoa co xénero nalgúns casos pode ser máis complexa e non pode categorizarse nestes dous termos.

Violencia exercida contra o colectivo LGBTIQ+ por ser LGBTIQ+. Pode subdividirse nos seguintes tipos: afectiva, cognitiva, condutual, liberal, institucional e estrutural.

afectiva: consiste na existencia de sentimentos negativos cara o colectivo LGBTIQ+.

cognitiva: consiste na existencia de ideas, crenzas e prexuizos negativos sobre o colectivo LGBTIQ+.

condutual: consiste na existencia de actitudes e condutas negativas dirixidas contra o colectivo LGBTIQ+.

liberal: consiste na discriminación das membros do colectivo LGBTIQ+ que non se comportan ou non teñen un aspecto físico equivalente ao das persoas cisheterosexuais.

institucional: pode ser directa como no caso de que unha “parella de feito” homosexual non poida adoptar mentres que unha heterosexual sí, ou indirecta como a excesiva burocratización dos procesos que teñen que atravesar as persoas LGBTIQ+ alongando innecesariamente calquera trámite.

estrutural: consiste en todas as barreiras estruturais que impón a sociedade no seu conxunto e impiden a igualdade de dereitos entre persoas LGBTIQ+ e cisheterosexuais.

A palabra orientación fai referencia a cara onde se dirixe o desexo dunha persoa. En base a se sente atracción duradeira polo seu propio xénero, por outros, ou por ambos grupos, a súa orientación será homosexual, bisexual ou heterosexual. Esta orientación non é estática e pode mudar ao longo da vida. Tampouco se pode considerar como unha categoría intrínseca á persoa, senón que máis ben é unha posición na que é colocada pola sociedade en base aos seus afectos, por esta razón é habitual non sentirse 100% cómoda ou identificada cunha destas tres orientacións sexuais.

É un construto social que divide a humanidade en dous grupos aos que se lles supoñen certas características biolóxicas comúns (hormonas sexuais predominantes, par sexual cromosómico, e caracteres sexuais primarios e secundarios). Nestes grupos fórzase a entrada de todas as persoas que posúen características mixtas para facer ver que a división é xustificada porque os grupos son coherentes. Na realidade a bioloxía humana é moito máis complexa dándose infinitas combinacións de hormonas, xenes e aspecto externo, proba do cal son as persoas intersexuais ou as persoas trans. Esta división en dous falsos grupos herméticos xustifica historicamente a división sexual do traballo relegando ao grupo que (na súa maioría) posúe útero fértil nalgún punto da súa vida ao papel de coidador e servidor do grupo dominante.

Proceso polo que pasan as persoas trans para vivir acorde ao seu xénero e non o xénero que lles asignaron. Esta transición significa algo diferente para cada unha, podendo implicar cirurxías, hormonación, cambios na vestimenta e peiteado, ou ningún destes cambios. Pode dicirse que quen realmente transiciona é o ambiente desa persoa, pasando a recoñecer o seu verdadeiro xénero e tratándoa en consecuencia.

Construto social que xorde como consecuencia histórica da separación da humanidade en dous sexos. As diferentes vivencias, os distintos roles asignados para os dous grupos crean unha serie de experiencias vitais que son comúns a todos os membros de cada grupo pero diferentes entre ambos colectivos. Tamén se xeran relacións de poder entre estes grupos sendo as mulleres historicamente oprimidas polos homes.

Así, o xénero será ao mesmo tempo a identidade que se crea en base á posición de poder no eixo de opresión patriarcal, e o sistema social que perpetúa esa distribución do poder. En moitas culturas non eurobrancas, con estruturas sociais máis complexas en canto á separación sexual do traballo e ás clases sociais, hai máis de dous xéneros recoñecidos pola sociedade.