Principios e guías

Principios

Loitar contra a discriminación das persoas lesbianas, gais, bisexuais, trans e intersexuais: principios de conducta para as empresas (2017)

Documento elaborado pola Oficina de Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos coa finalidade de facer un chamamento a todas as empresas do mundo para que faciliten que as persoas LGBTI gocen dunha maior igualdade no ámbito laboral.

Visita a web

Principios de Yogyakarta +10 (2006)

Unha declaración autoritativa dos dereitos humanos das persoas de ‘diversas orientacións sexuais e identidades de xénero’ elaborada pola Asociación Internacional de Xuristas.

Visita a web

Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948)

Elaborada por representantes de todas as rexións do mundo con diferentes antecedentes xurídicos e culturais, a Declaración foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en París, o 10 de decembro de 1948 como un ideal común para todos os pobos e nacións. A Declaración establece, por primeira vez, os dereitos humanos fundamentais que deben protexerse no mundo enteiro.

Visita a web

Guías

Recomendación sobre diversidade sexual (2025)

Documento de recomendación para a inclusión LGBTIQA+ na empresa, elaborado pola Comisión Consultiva Autonómica para a igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva

Descarga o recurso

Guía actualizada para a protección integral fronte conductas contra a liberdade sexual e a integridade moral nas pemes (2023)

Esta guía aborda cuestións como o acoso sexual e por razón de sexo no traballo; as súas consecuencias; as obrigas das empresas, da representación legal das persoas traballadoras; a integración da prevención do acoso sexual e por razón de sexo na xestión da prevención de riscos laborais da empresa; o protocolo para a súa prevención e tratamento e a tutela administrativa e xudicial fronte a estas situacións.

Descarga o recurso

Protocolo para a prevención e procedemento de actuación nos casos de denuncia por acosos sexual, laboral, por razón de sexo, orientación sexual, identidade e/ou expresión de xénero ou outras expresións de violencia no traballo na empresa (2022)

Modelo de protocolo elaborado pola área de Muller da Confederación Intersindical Galega (CIG) co fin de combater as violencias sexuais, machistas e LGBTIfóbicas no ambiente laboral. Este modelo está deseñado co obxectivo de ser descargado e adaptado á realidade particular de cada empresa.

Descarga o recurso

Empresas Inclusivas LGBT+: Plan de diversidade e inclusión LGBTI para empresas (2021)

Este plan, desenvolvido pola asociación COGAM, ten como obxetivo principal mellorar a inclusión das personas LGBT+ no ámbito laboral e evitar situacións de discriminación. Está dirixido a aquelas empresas comprometidas coa diversidade, coa mellora do ambiente laboral, así como co incremento do rendemento, da productividade e do compromiso dos seus empleados LGBT+.

Visita a web

Protocolo de inclusión e acompañamento a identidades trans para empresas (2021)

O propósito deste documento, elaborado pola asociación COGAM, é ensinar a directivos e representantes de recursos humanos a asumir o proceso de inclusión e transición do personal trans. O protocolo pon o foco sobre as personas trans que xa estén traballando para a empresa en cuestión e decidan iniciar o seu proceso de transición de xénero.

Descarga o recurso

Guía ADIM LGBT+: Inclusión da diversidade sexual e de identidade de xénero en empresas e organizacións (2019)

Proxecto europeo en colaboración coa Dirección Xeral de Igualdade de Trato e Diversidade do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade de España, a Comisión para a Cidadanía e a Igualdade de Xénero de Portugal e a Universidade Complutense de Madrid que se levou a cabo co obxectivo de avaliar cualitativa e cuantitativamente os climas e políticas organizacionais en relación coa inclusión en diferentes empresas e universidades e, ao mesmo tempo, de identificar as percepcións e experiencias de quen traballa nestas organizacións con respecto ao colectivo LGBT+.

Descarga o recurso

Comprometidos coa Igualdade - Guía de acción para delegados e delegadas sindicais (2018)

Guía para delegados e delegadas sindicais, quen, con interese e compromiso, son actores clave para acadar a igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laborais.

Visita a web

Boas prácticas en diversidade LGBTI (2017)

Guía levada a cabo pola Fundación SERES en colaboración con REDI e o programa LGTBI da Comunidade de Madrid co obxectivo de establecer unha folla de ruta para crear un ambiente de confianza, diverso e inclusivo nas empresas.

Descarga o recurso

Estudos e guías

A diversidade no contorno laboral: estudo sobre a situación laboral das persoas LGTBI en Galicia

Este primeiro estudo exploratorio A diversidade no contorno laboral: situación laboral das persoas LGTBI en Galicia constitúe un achegamento á realidade laboral deste colectivo e ofrece unha serie de resultados que poden contribuír ao deseño e impulso de medidas que favorezan unha inclusión efectiva nos contornos de traballo para cumprir, así, ao artigo 12.3 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

Folletos e material divulgativo

Discriminación por razón de sexo no ámbito laboral

A discriminación por razón de sexo fai referencia ao trato de inferioridade dado a unha persoa ou grupo de persoas por motivos de sexo.