• Inicio
  • Servizos públicos específicos

Servizos públicos específicos

logo observatorio galego LGBTIQ+

Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero

O Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero (Observatorio LGBTIQ+) é un órgano colexiado de asesoramento, colaboración institucional e participación social en materia de diversidade de orientación sexual e de xénero, adscrito á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Fonte

Teléfono 028 Arco da Vella

O servizo 028 Arco da Vella de información, asesoramento xurídico e atención psicosocial inmediata e especializada fronte a todas as formas de violencia por LGTBIfobia ponse mañá en funcionamento en Galicia. A iniciativa é froito do convenio de colaboración asinado entre o Ministerio de Igualdade e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Fonte

Centros Quérote+

O obxectivo dos centros Quérote+ é prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal, con especial atención á sexualidade. A rede de centros Quérote+ conta con centros na Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo.

Fonte

Centros de Información ás Mulleres (CIM)

O obxectivo da rede de Centros de Información ás Mulleres é prestar un servizo de información e asesoramento a mulleres e persoas LGBTIQ+, en especial en caso de teren sido vítimas de violencia ou atopárense nunha situación de especial vulnerabilidade. Todos os centros contan cun servizo de asesoría xurídica e psicolóxica gratuíta, e nalgúns ofrecense máis servizos como o asesoramento por unha traballadora social.

Fonte