Sentenza do Tribunal Constitucional 81/2024, do 3 de junio de 2024

Resumo da resolución Trátase da segunda sentenza do Tribunal Constitucional que temos en materia de discriminación laboral dunha persoa trans. Neste caso non se ampara a unha traballadora que foi despedida despois de que o seu posto de interina fose cuberto con posterioridade a un concurso de traslados. Malia que o Constitucional considera que si […]
Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, do 25 de abril de 2013, asunto C-81/12 (Asociatta ACCEPT c. Consiliul National pentru Combaterea Discriminarii)

Resumo da resolución Nesta ocasión, o Tribunal de Xustiza da Unión considera discriminatorias as declaracións dun accionista dun clube de fútbol (o Esteaua de Bucarest), nas que indicaba que non contratarían a un xogador homosexual. Despois destas declaracións, non se negociou cun determinado xogador, do que existían rumores sobre a súa orientación sexual homosexual, e […]
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía 5892/2017, do 8 de xuño de 2017 (rec. 2273_2016)

Resumo da resolución Nesta resolución, o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía ampara a unha traballadora que viña sufrindo acoso laboral e mesmo represalias, tanto pola súa orientación sexual como pola súa actividade sindical. A empresa, que mesmo actuara civilmente contra a traballadora por unha suposta lesión á súa honra, viu desestimdas as súas pretensións; […]
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Aragón 210/2024

Resumo da resolución Nesta sentenza de Aragón, o Tribunal Superior de Xustiza vai realizar unha moi profunda definición e análise do concepto “acoso” (ou “mobbing”). No caso, unha traballadora dun Centro Especial de Emprego foi vítima de acoso lgtbifóbico, sen que a empresa propietaria da firma, nin a empresa subcontratada fixeran nada efectivo ao respecto. […]
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias 3527/2016, do 13 de decembro de 2016 (rec. 2426_2016)

Resumo da resolución O Tribunal Superior de Xustiza do Principado de Asturias ampara a un traballador que foi despedido pola súa orientación sexual. Recibía acoso laboral e hostilidade tanto doutras persoas do cadro de persoal como da clientela do centro deportivo onde traballaba. O TSX emenda á Primeira Instancia, e considera o despedimento como nulo, […]
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña 4739/2018, do 19 de xuño de 2018 (rec. 2042_2018)

Resumo da resolución Esta sentenza do TSX de Catalunya declara probado que o despedimento dunha traballadora lésbica se produciu por causa da súa orientación sexual. A empresa, tan pronto se enterou da súa orientación, apresurouse a despedila, conduta que se fixo evidente, entre outros factores, nos defectos da carta de despedimento. Feitos Dona Lorena, que […]
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña 6640/2024

Resumo da resolución O TSX de Catalunya confirma o despedimento dun docente que acosara a unha parte importante do seu alumnado e, ademais, proferira insultos e comentarios homófobos cara algunhas das súas alumnas. Non só non existiu indefensión no procedemento de investigación do Centro de Ensino, senón que existiron “contraindicios” dun comportamento inadmisíbel e reprobábel […]
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 4578/2022

Resumo da resolución O Tribunal Superior de Xustiza de de Galicia estima o recurso dun traballador que acosou ao seu xefe por mor da súa orientación sexual após considerar que a carta de despedimento, onde se detallaban as condutas lgtbifóbicas, non foi suficientemente detallada ao respecto das circunstancias do acoso e das violencias. Lémbranos o […]
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de las Islas Canarias 237/2003

Resumo da resolución O Tribunal Superior de Xustiza das Illas Canarias confirma unha sentenza de acoso laboral nun traballador, que realizou acoso sexual e acoso LGTBI-fóbico (por erro) a unha compañeira. O TSX colócanos diante de dous elementos de interese: a empresa pode ser responsábel do acoso dunha persoa traballadora a outra, se non cumpre […]
Sentenza Tribunal Superior de Xustiza de Madrid 1111/2024, do 5 de febreiro de 2024 (rec. 3_2024)

Resumo da resolución Nesta resolución do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade de Madrid resólvese sobre o dereito á liberdade de expresión que un traballador pretendía esgrimir após ter verquido expresións vexatorias e ofensivas, vía o correo electrónico da empresa, contra do colectivo LGTBIQA+. Non pode ampararse na liberdade de expresión, di o órgano xudicial, […]