Espazos seguros para comunicar a incomodidade

O primeiro paso para crear un ambiente de traballo cómodo para todas as persoas é crear mecanismos para que as persoas traballadoras poidan manifestar a súa incomodidade sen medo a sufrir represalias ou xerar un conflito. Non todas as situacións incómodas no traballo constitúen casos de acoso, nin todas as persoas están dispostas a activar […]
Tolerancia cero coa LGBTIfobia: crear contornas seguras desde a prevención

A expresión “tolerancia cero” adoita ser mal interpretada. Pode entenderse que unha política de tolerancia cero implica unha sanción inmediata e automática ante calquera erro, mais a proposta é moi distinta: consiste en non deixar pasar sen sinalar ningunha manifestación de LGBTIfobia, por pequena que pareza, para evitar que se consoliden dinámicas perigosas que deriven […]
Entrevistas libres de estereotipos: como asegurar procesos de selección máis xustos

A entrevista de traballo é un dos momentos máis decisivos nun proceso de contratación. Nela fórmase unha impresión inmediata sobre a persoa candidata, e é precisamente nese instante cando poden manifestarse nesgos e estereotipos que distorsionen a avaliación profesional. O aspecto, a forma de falar, a expresión de xénero ou incluso a maneira de vestir […]
Currículo cego para combater nesgos na contratación

A contratación é un dos procesos máis sensibles dentro dunha organización. A selección de persoal é clave para o éxito empresarial, que require ter en conta moitas variables para conformar un equipo coas competencias e aptitudes necesarias. Desde o punto de vista da cidadanía, os procesos de selección de persoal deciden quen ten acceso a […]
Protocolo contra o acoso LGBTIfóbico: unha ferramenta útil tamén para empresas pequenas

A lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI require ás empresas con máis de 50 persoas traballadoras contar cun protocolo específico de prevención e actuación fronte ao acoso LGBTIfóbico. Non obstante, no contexto galego a grande maioría das […]
Evitar representacións estereotipadas do colectivo LGBTI no ámbito laboral

Na contorna laboral, a comunicación e as representacións gráficas e audiovisuais desempeñan un papel clave para fomentar a inclusión. Porén, perpetuar estereotipos, como centrar a representación do colectivo LGBTI exclusivamente en homes gais novos, brancos e atractivos, limita a percepción da diversidade real e contribúe a manter prexuízos. As representacións estereotipadas son reducionistas e invisibilizan […]
Uso de identificadores co nome e pronomes preferidos do persoal

O uso de elementos identificadores co nome da persoa, como chapas ou tarxetas penduradas do pescozo ou suxeitas nunha prenda de roupa, é unha práctica habitual tanto en postos de traballo de cara ao público como en eventos nos que o persoal de distintos departamentos, sedes ou empresas coincide de xeito puntual por congresos ou […]
Elementos permanentes con simboloxía LGBTI nos espazos de traballo

Unha boa práctica sinxela de poñer en marcha e con bos resultados que as empresas poden realizar para ser máis inclusivas é a presenza permanente de elementos con simboloxía relacionada co colectivo, como a bandeira arco da vella, en diferentes espazos do lugar de traballo. Esta práctica non só ten un impacto visual, senón que […]
Patrocinio de eventos LGBTI

As empresas que desexan ser inclusivas coa diversidade sexual e de xénero teñen unha grande oportunidade de demostrar o seu compromiso apoiando e patrocinando eventos relacionados co colectivo LGBTI. Nos últimos anos floreceron en Galicia numerosos festivais, mostras de teatro, ciclos de cinema e demais eventos impulsados por colectivos LGBTI ou que teñen como foco […]
Visibilidade nas efemérides

Xa nos separa máis de medio século da revolta de Stonewall, unhas protestas contra a represión das persoas LGBTI que tiveron lugar en 1969 nos Estados Unidos e que levaron ao establecemento do 28 de xuño como día internacional do Orgullo LGBTI. Nas décadas que seguiron á creación desta importante efeméride, o movemento LGBTI organizado […]