Evitar representacións estereotipadas do colectivo LGBTI no ámbito laboral

Na contorna laboral, a comunicación e as representacións gráficas e audiovisuais desempeñan un papel clave para fomentar a inclusión. Porén, perpetuar estereotipos, como centrar a representación do colectivo LGBTI exclusivamente en homes gais novos, brancos e atractivos, limita a percepción da diversidade real e contribúe a manter prexuízos. As representacións estereotipadas son reducionistas e invisibilizan […]

Uso de identificadores co nome e pronomes preferidos do persoal

O uso de elementos identificadores co nome da persoa, como chapas ou tarxetas penduradas do pescozo ou suxeitas nunha prenda de roupa, é unha práctica habitual tanto en postos de traballo de cara ao público como en eventos nos que o persoal de distintos departamentos, sedes ou empresas coincide de xeito puntual por congresos ou […]

Elementos permanentes con simboloxía LGBTI nos espazos de traballo

Unha boa práctica sinxela de poñer en marcha e con bos resultados que as empresas poden realizar para ser máis inclusivas é a presenza permanente de elementos con simboloxía relacionada co colectivo, como a bandeira arco da vella, en diferentes espazos do lugar de traballo. Esta práctica non só ten un impacto visual, senón que […]

Patrocinio de eventos LGBTI

As empresas que desexan ser inclusivas coa diversidade sexual e de xénero teñen unha grande oportunidade de demostrar o seu compromiso apoiando e patrocinando eventos relacionados co colectivo LGBTI. Nos últimos anos floreceron en Galicia numerosos festivais, mostras de teatro, ciclos de cinema e demais eventos impulsados por colectivos LGBTI ou que teñen como foco […]

Visibilidade nas efemérides

Xa nos separa máis de medio século da revolta de Stonewall, unhas protestas contra a represión das persoas LGBTI que tiveron lugar en 1969 nos Estados Unidos e que levaron ao establecemento do 28 de xuño como día internacional do Orgullo LGBTI. Nas décadas que seguiron á creación desta importante efeméride, o movemento LGBTI organizado […]

Apoio na transición de xénero

Establecer un conxunto de políticas e directrices que apoien ao persoal que decida iniciar unha transición de xénero é fundamental para garantir un ambiente laboral inclusivo, seguro e respectuoso. Estas políticas deben ser claras, completas e aplicarse de maneira consciente, proporcionando apoio ás persoas en transición e garantindo que todo o persoal da empresa as […]

Baños e aseos non segregados

Nos últimos anos os estudos académicos na materia coinciden en sinalar os cuartos de baño e aseos como espazos concretos nos que se exerce maior violencia contra as persoas LGBTI ou calquera persoa cunha expresión de xénero non normativa. As persoas trans enfrontan posibles agresións tanto verbais como físicas tanto se usan as instalacións que […]

Normalización do uso de xénero gramatical escollido por parte do persoal

Linguas romances como o galego, o castelán ou o portugués caracterízanse por contar con sistemas de clasificación nominal que denominamos xénero gramatical. Nestas linguas empréganse artigos, pronomes e morfemas de xénero diferentes dependendo do xénero gramatical de cada palabra. Por exemplo, a palabra “mesa” ten xénero gramatical feminino, polo que con ela empregaranse artigos femininos […]

Uso de linguaxe non androcéntrica nos documentos e comunicacións

Denominase linguaxe androcéntrica o uso da forma masculina das palabras como forma neutra, por exemplo ao falar de “traballadores” para referirse tanto a homes como mulleres e persoas non binarias. Este uso é criticado polos movementos feminista e LGBTI mediante dous argumentos. Por unha banda, deféndese que este uso crea ambigüidade, xa que non sempre […]

Inclusión da diversidade nos propios produtos

As medidas dirixidas á promoción da diversidade teñen unha maior efectividade se se desenvolven de maneira transversal e afectan a todos os aspectos posibles da vida na empresa. Neste sentido, a aposta por representar a persoas LGBTI, diversidade de modelos familiares ou incluso de expresións de xénero pouco normativas, nos produtos e material publicitario realizado […]