Inclusión da diversidade nos propios produtos

As medidas dirixidas á promoción da diversidade teñen unha maior efectividade se se desenvolven de maneira transversal e afectan a todos os aspectos posibles da vida na empresa. Neste sentido, a aposta por representar a persoas LGBTI, diversidade de modelos familiares ou incluso de expresións de xénero pouco normativas, nos produtos e material publicitario realizado pola empresa é un grande paso nesta dirección.

Se ben a posibilidade de posta en marcha desta medida está moi condicionada pola natureza do negocio de cada empresa, e non todas fabriquen produtos ou realicen servizos nos que sexa factible a representación da diversidade, esta medida é de grande importancia para aquelas nas que si é posible. Cumpre ao mesmo tempo unha función de cara ao ambiente interno na empresa, ao demostrar ao persoal empregado que a inclusión e a defensa dos dereitos do colectivos son valores asumidos e defendidos con orgullo pola empresa, e tamén unha función externa, ao dar a coñecer eses valores ao público xeral, atraendo clientes e colaboracións.

Edición especial limita de Paco & Lola inspirada nas cores da bandeira do colectivo LGTBIQ+