A visibilidade bisexual tamén importa no mundo laboral

A bisexualidade segue a ser unha das orientacións sexuais máis invisibilizadas, tamén no mundo laboral. No Día Internacional da Visibilidade Bisexual cómpre lembrar que moitas persoas bi en Galicia aínda afrontan prexuízos, falta de recoñecemento e obstáculos no traballo. Cada 23 de setembro celébrase o Día Internacional da Visibilidade Bisexual, unha data que lembra a […]

Políticas inclusivas LGBTI: unha aposta empresarial con beneficios comprobados

As políticas inclusivas co colectivo LGBTI non só fortalecen os dereitos das persoas traballadoras, senón que tamén melloran os resultados empresariais. Estudos internacionais demostran que reducen a discriminación, incrementan o compromiso laboral e atraen talento, converténdose nunha aposta estratéxica para a competitividade. Cada vez máis compañías recoñecen que a diversidade non só é unha cuestión […]

A atención médica das persoas trans no ámbito laboral: necesidades e medidas de apoio

As persoas trans son un colectivo que afronta barreiras estruturais no acceso ao mercado laboral, así como dificultades para manter postos de traballo estables. As empresas e administracións públicas teñen a responsabilidade de acompañalas e apoialas na súa transición médica. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ven de publicar en abril de 2025 […]

Xuño: Mes do Orgullo LGBTI nos espazos laborais galegos

Activistas, sindicatos e administracións públicas suman esforzos para dedicar o mes de xuño a visibilizar o colectivo LGBTI e as súas necesidades, desenvolvendo programas de actividades que culminan no 28 de xuño, día Internacional do Orgullo LGBTI. Cada ano o mes de xuño énchese de cor, memoria e reivindicacións co gallo do Orgullo LGBTI. Este […]

A diversidade dentro de la igualdade laboral. 28 de xuño Orgullo LGTBI

O próximo 28 de xuño conmemórase o Día Internacional do Orgullo LGTBI e aproveitamos esta ocasión para analizar algúns dos convenios colectivos que xa incluíron as medidas e obrigacións das empresas en materia LGTBI recollidas no Real Decreto 1026/2024, do 8 de outubro, polo que se desenvolve o conxunto planificado das medidas para a igualdade […]

Como elaborar un plan LGTBI nas empresas

O pasado 9 de outubro publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto 1026/2024 polo que se desenvolve o conxunto planificado das medidas para a igualdade e non discriminación das persoas LGTBI nas empresas, unha norma moi esperada no ámbito laboral porque determina como se debe elaborar un conxunto planificado de medidas e recursos […]

Publícase o informe “La situación de las personas LGTBI+ con discapacidad en España”

O informe revela como a intersección de capacitismo e LGBTIfobia crea obstáculos significativos para as persoas do colectivo con discapacidade, en especial nos ámbitos sanitario, educativo e laboral. O pasado 27 de xaneiro foi publicado un informe da Dirección Xeral para a Igualdade real e efectiva das persoas LGTBI+, xunto co Real Padroado da Discapacidade […]

Publicado o Informe “Estado socioeconómico LGTBI+ 2024” da FELGTBI+

A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais e Intersexuais (FELGTBI+) deu a coñecer no mes de novembro o seu novo Informe sobre o estado socioeconómico das persoas LGTBI+ en 2024. Trátase dunha análise exhaustiva que reflicte as complexas realidades laborais e sociais que afectan a este colectivo. A precariedade laboral destaca como un dos […]