Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, do 12 de xaneiro de 2023, asunto C-356/21 (J.K. c. TP S.A.)

O TXUE considera que as parellas do mesmo sexo deben ter acceso a prestacións recoñecidas a parellas heterosexuais; as parellas de feito acceso a prestacións recoñecidas ao matrimonio, se o lexislador colocou as dúas institucións en estreita cercanía. Non recoñecer este dereito de acceso vulnera o Ordenamento europeo pois unha boa parte das parellas non casadas eran, precisamente, persoas do mesmo sexo (por non poderen acceder ao matrimonio).

Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 6 de decembro de 2012, asunto C-124/11 (Dittrich e outros c.Alemaña)

O TXUE considera que as parellas do mesmo sexo deben ter acceso a prestacións recoñecidas a parellas heterosexuais; as parellas de feito acceso a prestacións recoñecidas ao matrimonio, se o lexislador colocou as dúas institucións en estreita cercanía. Non recoñecer este dereito de acceso vulnera o Ordenamento europeo pois unha boa parte das parellas non casadas eran, precisamente, persoas do mesmo sexo (por non poderen acceder ao matrimonio).

Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 3041/2008, do 17 de xullo

O TXUE reafirma o dereito a non ser discriminadxs por razón de xénero, sendo tamén proscrita a discriminación sobre a base da identidade sexual. Trátase dunha das primeiras sentenzas do TXUE nas que se menciona a identidade sexual, ligada á dignidade persoal e á liberdade, valores e dereitos que todo Estado da Unión debe protexer.

Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 1 de abril de 2008, asunto C-267/06 (Tadao maruko c. Versorgungsanstalt der deutschen Bühnen)

O TXUE considera que as parellas do mesmo sexo deben ter acceso a prestacións recoñecidas a parellas heterosexuais; as parellas de feito acceso a prestacións recoñecidas ao matrimonio, se o lexislador colocou as dúas institucións en estreita cercanía. Non recoñecer este dereito de acceso vulnera o Ordenamento europeo pois unha boa parte das parellas non casadas eran, precisamente, persoas do mesmo sexo (por non poderen acceder ao matrimonio).

Sentenza do Tribunal Constitucional 41/2013, do 14 de febreiro

O Tribunal Constitucional considera contrario á Carta Magna un apartado da Lei de medidas en materia de Seguridade Social, que excluía ás parellas formadas por persoas do mesmo sexo da prestación por viúvez cando un dos membros da parella falecera antes da entrada en vigor da norma.