Apoio na transición de xénero

Establecer un conxunto de políticas e directrices que apoien ao persoal que decida iniciar unha transición de xénero é fundamental para garantir un ambiente laboral inclusivo, seguro e respectuoso. Estas políticas deben ser claras, completas e aplicarse de maneira consciente, proporcionando apoio ás persoas en transición e garantindo que todo o persoal da empresa as […]

Baños e aseos non segregados

Nos últimos anos os estudos académicos na materia coinciden en sinalar os cuartos de baño e aseos como espazos concretos nos que se exerce maior violencia contra as persoas LGBTI ou calquera persoa cunha expresión de xénero non normativa. As persoas trans enfrontan posibles agresións tanto verbais como físicas tanto se usan as instalacións que […]

Normalización do uso de xénero gramatical escollido por parte do persoal

Linguas romances como o galego, o castelán ou o portugués caracterízanse por contar con sistemas de clasificación nominal que denominamos xénero gramatical. Nestas linguas empréganse artigos, pronomes e morfemas de xénero diferentes dependendo do xénero gramatical de cada palabra. Por exemplo, a palabra “mesa” ten xénero gramatical feminino, polo que con ela empregaranse artigos femininos […]

Uso de linguaxe non androcéntrica nos documentos e comunicacións

Denominase linguaxe androcéntrica o uso da forma masculina das palabras como forma neutra, por exemplo ao falar de “traballadores” para referirse tanto a homes como mulleres e persoas non binarias. Este uso é criticado polos movementos feminista e LGBTI mediante dous argumentos. Por unha banda, deféndese que este uso crea ambigüidade, xa que non sempre […]

Inclusión da diversidade nos propios produtos

As medidas dirixidas á promoción da diversidade teñen unha maior efectividade se se desenvolven de maneira transversal e afectan a todos os aspectos posibles da vida na empresa. Neste sentido, a aposta por representar a persoas LGBTI, diversidade de modelos familiares ou incluso de expresións de xénero pouco normativas, nos produtos e material publicitario realizado […]

Promover a formación dun grupo de persoal LGBTI e aliado

Un dos factores característicos da discriminación do colectivo LGBTI é o illamento, polo que crear espazos nos cales persoal empregado do colectivo e persoas aliadas poidan entrar en contacto é unha ferramenta especialmente útil. Os grupos de persoas empregadas (chamados en inglés ERG, Employees Resource Groups) son unha ferramenta xa establecida que consiste na formación […]